Licenza Creative Commons
Esta obra ten unha licenza Creative Commons Atribución-Non comercial-Compartir igual 4.0 Internacional.

viernes, 10 de agosto de 2012

Xardín da tenería de Casas do Rego, Santiago

Dentro do importante conxunto de curtidorías -situadas desde finais do século XVIII- no entorno do río Sarela, destaca a fábrica de Casas do Rego que contén nun recanto, (no estremo norte do seu recinto), un pequeno e sofisticado xardín hortícola. 
Un pomar organizado ortogonalmente a partir dun eixe central, entrada monumental con verxa de ferro decimonónica, parterre xeométrico, muro de peche de pedra, paseo de camelios, unha pequena carballeira no bancal superior, e sobre todo a esbelta pérgola de ferro do lavadoiro que cobre un banco de pedra corrido e mesa circular para o lecer dos traballadores.
Vista axonométrica do xardín de Casas do Rego en Santiago


Bibliografía:
- CARMONA BADÍA, X. e FERNÁNDEZ VÁZQUEZ, M.T., A Compostela industrial. Pegada e historia das fábricas de coiros no Concello de Santiago, (2003) Consorcio de Santiago.